O Concello de Pantón está situado no Sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra Lucense. Os seus límites veñen marcados polos ríos Miño, Cabe e Sil.
A súa extensión territorial é de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas súas vinte e seis parroquias, nas que se asentan uns 3600 habitantes.
A capitalidade da zona está centrada na vila de Ferreira, que conta con uns 700 habitantes, agrupados en torno á N-120, que é a arteria da zona, e na Praza do CONCELLO, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal. |